Espectáculos
O meu corpo é meu
Pre-estrea en Cenlle (novembro 2025). Un espectáculo no forno! con títeres, oralidade e con Corpo.
Para falarmos sobre o que o consentir ou non consentir algunha cousa.
Un espectáculo unipersoal para público de entre 4 e 12. Moi axeitado para escolas primaria e a súa equipa docente.
Consulta a súa dispoñibilidade en outras linguas distintas do galego. Consulta a posibilidade de contratar outras actividades educativas sobre este tema.
Tamén para idades distintas.
Unha Xograría de Aldea
Unha xograría das memorias na aldea. Entre historias de vida sobre a lingua galega, a fala, a galeguidade ou a aldeanía. Volve á terra, ou fica nela! escoitando romances de cego, contos tradicionais ou cantigas de tradición popular. Historias, obxectos, risa, teatro, música e reflexión para tódolos públicos.
Contos Arredor de Nós
Contos, historias, cantigas tradicionais manifestan o saber e sentir do ser oprimido e da súa comunidade. Nós.
Historias de antes soan lonxe, ou a conto, pero por desgracia a súa normalidade é imperante hoxe e hai que coutala. Non imos esquecer o camiño aberto polas devanceiras.
Hai moito por contar! Sabedoría tamén alegre da que aprender, da supervivencia nun mundo capitalmente de homes.
Contos Arredor do Lume
Contos Arredor do Lume é unha compilación de contos, cantos e imaxes evocadas pola xograresa Alba de Vales. Achéganos o lume nas súas distintas formas e virtudes. A través dos contos e historias, fálanos de solidariedade, agarimo, comunidade e coraxe, que precisamos para andar o noso camiño propio. Alumeando co candil que prende a nosa chama interna, e que este espectáculo nos quere avivar.
Tarecos e Castañas do Alén
Un banquete con historias, monicreques, cancións e tarecos para compartir coas nosas visitas do Alén. As ánimas veñen, e nós bailamos para saudalas, porque non é día de medo, é día de encontro. A memoria e a oralidade de contos populares animan títeres e obxectos, que nos convidan a non fuxir por medo. Pero se a caso viñera, cantarémoslle para poñelo a danzar
Tristán e Isaura.Contastorias
Pre-estrea en Cenlle (novembro 2025). Un espectáculo no forno! con títeres, oralidade e con Corpo.
Para falarmos sobre o que o consentir ou non consentir algunha cousa.
Un espectáculo unipersoal para público de entre 4 e 12. Moi axeitado para escolas primaria e a súa equipa docente.
Consulta a súa dispoñibilidade en outras linguas distintas do galego. Consulta a posibilidade de contratar outras actividades educativas sobre este tema.
Tamén para idades distintas.
coa Compañía Fantoches Baj
Desconexión

coa Compañía Títeres Alakrán

Títeres
Figuras animadas que cobran vida para contar historias e abrir novas realidades escénicas.
Teatro de Obxectos
El “teatro de objetos” se refiere a un teatro en cuyo centro no se encuentra la figura humana, sino objetos.

Teatro foro
Busca empoderar ao público para convertirse en protagonista activo na transformación social mediante o teatro.

Máscara
Personaxes ocultos e revelados, unha linguaxe milenaria para falar do que hai baixo a superficie.

Danza
Movemento que conta historias, vibrando co ritmo da tradición e a contemporaneidade.

Microteatro
Pequenas pezas que condensan grandes emocións, nun teatro próximo e íntimo.

Xograría
A antiga arte de contar, recitar e cantar historias para entreter e facer pensar.

Narración oral
Palabras compartidas de boca en boca, preservando e transmitindo a memoria cultural.