Son Alba Grande, traballadora nas artes escénicas en solitario e en redes profesionais e de transformación cultural.
Creo na popularización da arte, na educación artística do pobo a través da cultura permanente de participación e creación popular. Creo no poder transformador do teatro e de tódalas artes da escena, así coma na expresión artística como medio de transformación. E tamén que o pensamento das artistas, debería facer parte das decisións importantes para a sociedade, a súa vida e culturas.

Títeres
Figuras animadas que cobran vida para contar historias e abrir novas realidades escénicas.
Teatro de Obxectos
El “teatro de objetos” se refiere a un teatro en cuyo centro no se encuentra la figura humana, sino objetos.

Teatro foro
Busca empoderar ao público para convertirse en protagonista activo na transformación social mediante o teatro.

Máscara
Personaxes ocultos e revelados, unha linguaxe milenaria para falar do que hai baixo a superficie.

Danza
Movemento que conta historias, vibrando co ritmo da tradición e a contemporaneidade.

Microteatro
Pequenas pezas que condensan grandes emocións, nun teatro próximo e íntimo.

Xograría
A antiga arte de contar, recitar e cantar historias para entreter e facer pensar.

Narración oral
Palabras compartidas de boca en boca, preservando e transmitindo a memoria cultural.
