Contos Arredor de Nós
Un espectáculo de Narración Oral sobre a
importancia da igualdade entre seres humanos.
Un espectáculo de narración oral cargado de historias, contos, cántigas, poesía. E contado con expresión teatral coa corporalidade, títeres, obxectos e música.
Procurando un estilo de xograría popular.
Resumo e sinopse
Historias de antes soan lonxe, pero por desgracia a súa normalidade é imperante hoxe e por isto, hai que acoutala. Non imos esquecer o camiño percorrido, e aberto polas nosas
devanceiras. Aínda hai moito que cambiar, motivos para nos enfadar e non calar. Sabedoría tamén alegre da que aprender, para a supervivencia nun mundo capitalmente de homes. A xograresa relata historias dalgunhas mulleres clave, e contos clave para
comprender a igualdade. Acompañada dun pandeiro redondo de paus, tamén canta versos tradicionais contra as violencias machistas.
Contos, historias e cantos poñen de manifesto o saber e sentir dos personaxes, e de nós. Búscase fomentar a enerxía do empoderamento da comunidade, fronte ó acoso escolar e outros entornos.

Títeres
Figuras animadas que cobran vida para contar historias e abrir novas realidades escénicas.
Teatro de Obxectos
El “teatro de objetos” se refiere a un teatro en cuyo centro no se encuentra la figura humana, sino objetos.

Teatro foro
Busca empoderar ao público para convertirse en protagonista activo na transformación social mediante o teatro.

Máscara
Personaxes ocultos e revelados, unha linguaxe milenaria para falar do que hai baixo a superficie.

Danza
Movemento que conta historias, vibrando co ritmo da tradición e a contemporaneidade.

Microteatro
Pequenas pezas que condensan grandes emocións, nun teatro próximo e íntimo.

Xograría
A antiga arte de contar, recitar e cantar historias para entreter e facer pensar.

Narración oral
Palabras compartidas de boca en boca, preservando e transmitindo a memoria cultural.
